Ortoño, Ames
Ortoño | |
---|---|
Concello | Ames[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′02″N 8°38′19″O / 42.8505, -8.6385 |
Área | 9,03 km² |
Poboación | 11.194 hab. (2018) |
Densidade | 1.239,65 hab./km² |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Ortoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 9,03 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 11.194 habitantes (5.401 homes e 5.793 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.826 habitantes. En boa medida, este gran número de habitantes está marcado pola presenza de Bertamiráns, unha vila que medrou moito nos últimos anos.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais celébranse os días 24 (na honra de san Xoán Bautista), 25 (Santísimo Sacramento) e 26 de xuño (santo Antón de Padua). Ademais celébranse outras festas na honra da Virxe Peregrina (segundo domingo de agosto, na capela da confraría da Peregrina de Bertamiráns, santa Filomena (primeiro domingo de setembro) e a Virxe da Mercede (24 de setembro, na capela de Lapido).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ortoño, Ames.
-
Igrexa de San Xoán de Ortoño.
-
Ponte Lapido en Bertamiráns.
-
Ermida da Mercede en Lapido.
-
Muíño en Lapido.
-
Cristo na igrexa de San Xoán de Ortoño.
-
San Xoán na igrexa da parroquia.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ortoño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ortoño no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
Aldea Nova | Bertamiráns | Cantalarrana | Carballido | Casaliño | Castrigo | A Condomiña | As Cortes | A Igrexa | O Instrumento | Lapido | Maguxe | Ortoñiño | O Pedregal | As Punxeiras Altas | As Punxeiras Baixas | O Santo | Sisalde | A Tarroeira |
Parroquias de Ames
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ortoño, Ames |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-7-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019.