Ortiga morta
Ortiga morta | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lamium maculatum L. 1763 |
A ortiga morta[1] ou lamio maculado [cult.][1] (Lamium maculatum) é unha especie de fanerógama pertencente á familia das Lamiáceas, nativa de toda Europa e Asia temperada (Líbano, Siria, Turquía) que crece nunha variedade de hábitats, desde pasteiros abertos a bosques, xeralmente en solos húmidos e fértiles. Ten presenza en Galiza onde tamén recibe o nome vulgar de chuchamel[2][3] (coas variantes chupamel[3] ou zugamel[4]) polo feito de que ao chuchar as flores saben a mel.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Lamium maculatum é unha planta herbácea rastreira e perenne.[5] É unha especie que pode variar en termos de tamaño e forma das follas, vilosidade e cores. Acada os 20 centímetros de alto. Ten talos erectos, ocos e pubescentes, só ramificados na base. As follas laminares cunha peluxe lene acadan os 20 cm de longo. As follas, que son semellantes ás da ortiga[2], teñen unha especie de pintas (de aí o nome latino: maculatum), e atópanse unidas ao talo con longos pecíolos duns 2-4 centímetros. A forma das follas varía dende ovalado-triangular á forma de corazón. A inflorescencia está constituída por de dúas a oito flores hermafroditas duns 20–30 millimetres (0,79–1,18 in) de longo. As flores fórmanse nas axilas das follas dos pares de follas superiores. Os labios superiores das flores teñen forma de casco, normalmente de cor rosa ou púrpura, mentres que os bilobatos inferiores son de cor abrancazada con puntos de cor púrpura. Os estames localízanse no labio superior e teñen pole alaranxado. Florea de abril a novembro.
-
Forma
-
Flores
Hábitat
[editar | editar a fonte]Medra nunha variedade de hábitats dende prados abertos a fragas, xeralmente en solos húmidos e fértiles, nunha altitude de 1200 metros sobre o nivel do mar.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Lamium maculatum valórase coma planta ornamental cobertora en lugares frescos e sombrizos. Axiña coloniza as áreas, podendo chegar a ser invasiva. Téñense desenvolvido, especialmente en Inglaterra, numerosos cultivares, principalmente de follas variegadas, incluíndo:[5]
- 'Album' (branca)
- 'Anne Greenaway'(follas marmoradas de verdes claros e escuros, flores malvas ou rosas).
- 'Aureum' (follas amarelas)
- 'Beacon Silver' (follas prateadas)
- 'Cannon's Gold' (follas douradas)
- 'Chequers' (vizosa, follas con raias prateadas)
- 'Purple Dragon' ten flores con forma de boca de dragón varias veces ao ano.
- 'Red Nancy' (follas prateadas coas marxes averdadas)
- 'Roseum' (follas cunha fita central prateadas)
- 'Sterling Silver' (follas prateadas)
- 'White Nancy'
-
'Beacon Silver'
-
'Ghost'
-
'Pink Nancy'
-
'Roseum'
-
'Shell Pink'
-
'White Nancy'
- Lamium album var. maculatum L., Sp. Pl.: 579 (1753).
- Lamium foliosum Crantz, Stirp. Austr. Fasc., ed. 2, 4: 258 (1763).
- Lamium laevigatum L., Sp. Pl. ed. 2: 808 (1763).
- Lamium melissifolium Mill., Gard. Dict. ed. 8: 5 (1768).
- Lamium rubrum Jenk., Xene. Sp. Descr. Brit. Pl.: 128 (1775).
- Lamium rugosum Sol. in W.Aiton, Hort. Kew. 2: 296 (1789).
- Lamium hirsutum Lam., Encycl. 3: 410 (1792).
- Lamium stoloniferum Lapeyr., Hist. Pl. Pyrénées: 333 (1813).
- Lamium affine Guss. & Ten. in M.Tenore, Fl. Neapol. Prodr. App. 4: x (1823).
- Lamium columnae Ten., Index Seminum (NAP) 1827: 16 (1827).
- Lamium mutabile Dumort., Fl. Belg.: 45 (1827).
- Lamium vulgatum var. rubrum Benth., Labiat. Xene. Spec.: 514 (1834).
- Lamium tillii Ten., Syll. Pl. Fl. Neapol., App. 4: 27 (1835).
- Lamium grenieri Mutel, Fl. Franç. 3: 25 (1836).
- Lamium grandiflorum Willd. ex Benth., Linnaea 11: 334 (1837), nom. inval.
- Lamium niveum Schrad., Linnaea 15(Litt.): 94 (1841).
- Lamium gundelsheimeri K.Koch, Linnaea 17: 297 (1844).
- Lamium truncatum Boiss., Diagn. Pl. Orient. 12: 86 (1853).
- Lamium cupreum Schott, Oesterr. Bot. Wochenbl. 1855: 357 (1855).
- Lamium dilatatum Schur, Enum. Pl. Transsilv.: 535 (1866).
- Lamium elegantissimum Schur, Enum. Pl. Transsilv.: 535 (1866), nom. illeg.
- Lamium cardíaca Cogn., Bull. Soc. Bot. France 20: xxiv (1873).
- Lamium cupreum subsp. dilatatum (Schur) Nyman, Consp. Fl. Eur.: 575 (1881).
- Lamium pallidiflorum Beck, Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. 2: 144 (1887).
- Lamium villosifolium (R.R.Mill) A.P.Khokhr., Byull. Moskovsk. Obshch. Isp. Prir., Otd. Biol. 100(6): 83 (1995).[6]
Nome común
[editar | editar a fonte]Zugos, zugameles, zugamel, zogón, xugamel, urtiga mansa, té, setembriña, rosa do mel, planta de chupar, patas de cuco, ortigón, ortigas dulces, ortiga morta, ortiga mansa, ortiga branca, mentraste, menta, meleiros, meldrasco, mel de cuco, mel, maravallo, mamelos, herba salgueira, herba do galo, herba do abellón, herba de mel, herba das abellas, flor do mel, flor de mel, chupós, chupos, chupóns, chupones, chupois, chupoes, chupetes, chupelos, chupelas, chupas chupas, chupas, chupamiel, chupamelos, chupameles, chupamel, chupameis, chupachupas, chuchos, chuchamelos, chuchameles, chuchamel, capóns, cabrinfollo, cabrinfolla, bremantes e amileiras.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Termos esenciais de botánica, páx. 33, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuchamel.
- ↑ 3,0 3,1 Nomes vulgares galegos no Dicionario da Real Academia Galega. Tamén no Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999.
- ↑ Nome galego vulgar en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ 5,0 5,1 RHS A-Z encyclopedia of garden plants (Dorling Kindersley ed.). Reino Unido. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964.
- ↑ "Lamium maculatum".
- ↑ "Chuchameles (Lamium maculatum L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 8 de novembro de 2016.