Orquídea das barbas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orquídea das barbas
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Orchidoideae
Tribo: Orchideae
Subtribo: Orchidinae
Xénero: 'Himantoglossum'
Especie: ''H. hircinum''
Nome binomial
'Himantoglossum hircinum'
(L.) Spreng. (1826)

A Orquídea das barbas, Himantoglossum hircinum,[1] é unha orquídea do xénero Himantoglossum.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha herbácea perenne tuberosa. O talo, que pode alcanzar algo máis de 1 m de altura, é cilíndrico, de cor verde pálida e ás veces veteado de púrpura. Follas, tamén pálidas ou máis escuras, oblongo elípticas a lanceoladas e moi nervadas. As inferiores (basais), despréganse erectas ou estendidas, mentres as superiores, máis pequenas, abrazan o talo. A inflorescencia é unha espiga tamén cilíndrica de menos de 50 cm de alto cuberta de pequenas brácteas verdosas ou brancas veteadas de rosa. As flores esbrancuxadas a verdosas están manchadas de morado tanto exterior como interiormente. O perianto, contén sépalos e pétalos reunidos en casco, algo máis aberto no ápice. Un longo labelo de forma acintada e retorta colga cara abaixo ou, en espigas pequenas, esténdese horizontalmente. O froito é unha cápsula alargada con numerosas sementes diminutas. Unha soa planta pode producir até 30.000 sementes ao ano. Tamén se reproduce por división de tuberos ou pola formación de novos, o que leva a formar densas agrupacións ao redor da planta nai.

Florece entre os meses de xuño a xullo. O característico aroma das flores, que segundo algúns lembra ao "cheiro a cabras", podería ser unha especialización para atraer ós seus polinizadores; moscas e insectos nocturnos. Na correspondencia epistolar entre dous investigadores, a principios do século , quedou rexistrada a observación da avespa Odyneris parietum polinizando flores en Sussex. Tamén se observou a diferentes especies de abellas (Megachile maritima e Colletes cunicularis), bolboretas, libélulas e escaravellos.[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Distribúese por Europa meridional, desde o oeste de España, até o leste dos Balcáns e Hungría e África do norte occidental. Medra en prados, áreas rochosas, e bosques abertos, con preferencia de substratos calcáreos.[2]

Sinonimia
  • Orchis hircina (L.) Crantz 1769
  • Loroglossum hircinum (L.) Rich. 1817
  • Aceras hircinum (L.) Lindl. 1835

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. 2,0 2,1 P.D. C arey y L. Farrel (2002). "BIOLOGICAL FLORA OF THE BRITISH ISLES - Himantoglossum hircinum ( L.) Sprengel" (221): 206 – 218. Consultado o 18 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]