Oplegnátidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oplegnathus fasciatus

Os Oplegnátidos (Oplegnathidae) son unha familia de peixes mariños, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por Xapón, sueste de Australia ata Tasmania, illas Galápagos e costa occidental de Sudamérica, así como nas costas de Sudáfrica.

Índice

Características [editar]

Corpo oblongo e comprimido, cuberto de pequenas escamas ctenoideas. Boca termina, cos dentes fusionados, formando nos adultos un pico similar ó dos papagaios. Poden alcanzar tallas máximas de 90 cm.

Na aleta dorsal, única, presentan unhas 12 espiñas e 11-22 radios brandos; nos adultos, as espiñas son máis curtas que os radios brandos, mentres que nos xuvenís son da mesma altura e continuas. Na aleta anal teñen tres espiñas e 11-16 radios brandos. Caudal furcada,

Aliméntanse de percebes e moluscos.

Clasificación [editar]

Só contan cun xénero, Oplegnathus, con sete especies.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Oplegnátidos