Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Ontinyent Club de Futbol é un club de fútbol de España, da cidade de Ontinyent na provincia de Valencia. Foi fundado en 1931 e xoga no Grupo III da Segunda División B Española.
O Ontinyent Club de Fútbol naceu en 1931 despois de que o secretario do concello D. Raúl Lombardo conseguise fusionar os dous equipos que existían por entón no municipio: o Club Deportivo Onteniente, fundado o 5 de agosto de 1923, e o Ideal, dando orixe ao Onteniente Football Club, o cal, foi inscrito oficialmente no Rexistro de Asociacións do Gobierno Civil de Valencia o 30 de marzo de 1931.[1] O club tivo unha época dourada nos anos 1960 e principios dos anos 1970 onde militou cinco tempadas en Segunda División.
- Uniforme títular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón branco e medias brancas.
Cadro 2009/10 [editar]
Actualizado a maio de 2010
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 5
- Tempadas en 2ªB: 14 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en 3ª: 39
- Mellor posto na liga: 9º (Segunda División, tempada 1969-70)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]