Olsen Brothers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olsen Brothers
Olsen Brothers.jpg
Orixe Dinamarca Dinamarca
Período 1972 - actualidade
Membros Jørgen Olsen
Niels "Noller" Olsen
Web oficial http://www.olsen-brothers.dk/

Os Olsen Brothers, en dinamarqués: "Brødrene Olsen", en galego: "Irmáns Olsen", son un dúo musical dinamarqués composto por Jørgen, nacido o 15 de marzo de 1950 e seu irmán "Noller" (Niels), nacido o 13 de abril de 1954. Ámbolos dous formaron o seu primeiro grupo chamado The Kids en 1965. Máis tarde, en 1967 publicaron o seu primeiro sinxelo. Despois de teren participado nun musical, publicaron o seu primeiro álbum en 1972 como os Irmáns Olsen, publicando dende entón 12 traballos.

No ano 2000, venceron no Festival de Eurovisión celebrado en Estocolmo (Suecia), onde obtiveron a victória ao cantar en inglés "Fly on the Wings of Love". O tema chegou ao nº 34 do United World Chart.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Olsen (1972)
  • For What We Are (1973)
  • For the Children of the World (1973)
  • Back on the Tracks (1976)
  • You're the One (1977)
  • San Fransisco (1978)
  • Dans - Dans - Dans (1979)
  • Rockstalgi (1987)
  • Det Stille Ocean (1990)
  • Greatest and Latest (1994)
  • Angelina (1999)
  • Fly on the Wings of Love (2000)
  • Neon Madonna (2001)
  • Walk Right Back (2001)
  • Songs (2002)
  • Weil Nur Die Liebe Zählt (2003)
  • More Songs (2003)
  • Our New Songs (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]