Oinousses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oinousses
Οινούσσες
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaExeo Setentrional
MarMar Exeo
Coordenadas38°31′N 26°13′L / 38.517, -26.217Coordenadas: 38°31′N 26°13′L / 38.517, -26.217
Xeografía
XeoloxíaIlla marítima
Superficie17.427 km²
Punto máis alto158 m.
Distancia a terra8 km.
Demografía
Poboación1.050 (2011)
Densidade60´25 hab./km²
Lingua propiaGrego

Oinousses (grego: Οινούσσες, formas alternativas: Aignousa (Αιγνούσα) ou Egnousa (Εγνούσα)) é un grupo de illas conformado unha illa grande e 8 illas máis pequenas a uns 2 km da costa nordés da illa grega de Quíos e a 8 km ao oeste de Turquía.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Administrativamente as illas forman un municipio dentro da unidade rexional de Quíos, que forma parte da rexión do Exeo Setentrional. A cidade principal das illas e cabeceira do municipio tamén se chama Oinousses.[1] Oinousses ten unha pequena poboación residente, que viven principalmente na cidade Oinoússes (pob. 792), e nun mosteiro de recente construción. A cidade céntrase nun cadrado e un pequeno porto; que inclúe unha escola, varias igrexas, unha escola secundaria Naval e un museo marítimo. Os únicos outros asentamentos poboados son Kástron (pob. 29) e Aspalathrókampos (5).

A gran maioría da forza laboral da illa dedícase á navegación, a pesca e o pastoreo de cabras.

As illas son famosas por ser a orixe dun conxunto infrecuente de exitosas familias de navieiros: as familias Lemos, Pateras, Hadjipateras, Kollakis e Lyras. Mentres que a maioría destas familias viven agora noutro lugar a maior parte do ano, as illas e a cidade están ben coidados cunha gran conexión naval. Os oinoussianos no estranxeiro destacan polas súas exitosas habilidades empresariais na industria do transporte industrial. Aínda que o número de empresas de explotacións de buques oinoussianos diminuíu desde o seu apoxeo na década de 1960 aínda manteñen unha posición formidable na industria do transporte industrial.

As illas do arquipélago[editar | editar a fonte]

Illas Oinousses
Illas Oinousses

O arquipélago Oinousses comprende as seguintes illas.[2] A máis grande é Oinousses ou Egnoussa (14´3 km²), a segunda máis grande é o illote Pasas ou Panagia (2´5 km²) e o terceiro máis grande é o illote Vatos.

  • Oinousses ou Egnoussa (Οινούσσες)
  • Agios Panteleimon (Άγιος Παντελεήμων)
  • Archontoniso (Αρχοντόνησο)
  • Gadros (Γάδρος)
  • Gaidouronisos (Γαϊδουρόνησος)
  • Mallaropetra (Μαλλιαρόπετρα)
  • Monaftis (Μονάφτης)
  • Nisi Panagias (Νησί Παναγιάς)
  • Nisi Pittas (Νησί Πίττας)
  • Papapondikadiko (Παπαποντικάδικο)
  • Pasas ou Panagia (Πασάς)
  • Pateroniso (Πατερόνησο)
  • Pontikonisi (Ποντικονήσι)
  • Prassonisia (Πρασονήσια)
  • Santa Panagia (Σάντα Παναγιά)
  • Vatos (Βάτος)

Poboación histórica[editar | editar a fonte]

Ano Poboación
1981 705
1991 636
2001 1.050
2011 826

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Kallikratis law Arquivado 13 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)
  2. "Οινούσσες". diakopes.in.gr. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 30 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]