Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odelay é o quinto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado o 18 de xuño de 1996 polo selo Geffen Records. Despois do éxito de "Loser", Odelay conseguíu varios sinxelos soados, incluíndo "Where It's At", "Devils Haircut" e "The New Pollution". O álbum acadou no número 16 na lista Billboard 200 e co tempo vendeu ao redor dos 2 millóns de copias nos Estados Unidos. Tamén foi o primeiro álbum exitoso no Reino Unido, sendo número 17 nas listas e conseguindo o disco de platino.
O 29 de xaneiro do 2008 Odelay foi relanzado nunha edición con dous discos cun bo feixe de cancións extra. De cara ao mes de xullo dese ano o álbum levaba vendidas 2,3 millóns de unidades nos Estados Unidos[1]. No ano 2003 foi colocado no número 306 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[2].
Listaxe de cancións [editar]
Edición orixinal [editar]
Todos os temas compostos por Beck, John King e Michael Simpson, agás onde se indique. Todos os temas producidos por Beck Hansen e The Dust Brothers, agás onde se indique.
- "Devils Haircut" – 3:14
- "Hotwax" – 3:49
- "Lord Only Knows" (Beck Hansen) – 4:14
- "The New Pollution" – 3:39
- "Derelict" – 4:12
- "Novacane" – 4:37
- "Jack-Ass" – 4:11
- "Where It's At" – 5:30
- "Minus" (Beck Hansen) – 2:32
- Producida por Beck Hansen, Mario Caldato Jr. e Brian Paulson.
- "Sissyneck" – 3:52
- "Readymade" – 2:37
- "High 5 (Rock the Catskills)" – 4:10
- "Ramshackle" (Beck Hansen) – 7:29
- Producida por Tom Rothrock e Tom Schnapf.
- Inclúe unha canción oculta chamada "Computer Rock"
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| Outros álbums |
|
|
| Sinxelos de álbums |
|
|
| Outros sinxelos |
|
|