O furor do dragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O furor do dragón
Título orixinal 猛龙过江 - Měng Lóng Guò Jiāng
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Bruce Lee
Produtor Raymond Chow
Bruce Lee
Guión Bruce Lee
Baseado en
Intérpretes Bruce Lee
Nora Miao
Chuck Norris
Hwang In-Shik
Robert Wall
Paul Wei
Wang Chung-hsin
Música Joseph Koo
Fotografía Tadashi Nishimoto
Montaxe Peter Cheung
Estudio
Distribuidor Golden Harvest
Fortune Star Media (Internacional)
Ano Flag of Hong Kong.svg 30 de decembro de 1972
Duración 99 minutos
País Flag of Hong Kong.svg Hong Kong
Xénero Acción
Orzamento HK$130.000 (estimado)
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

O furor do dragón (en chinés tradicional 猛龍過江, e simplificado 猛龙过江), é un filme producido en Hong Kong estreado en 1972. Foi escrito, producido e dirixido por Bruce Lee, quen tamén é o protagonista. O resto do reparto está formado por Nora Miao, Chuck Norris, Robert Wall e Hwang In-Shik.

Argumento[editar | editar a fonte]

Tang Lung (Bruce Lee) chega a Roma para axudar a unha amiga da familia, Chen Ching Hua (Nora Miao), ameazada por uns mafiosos locais que queren facerse co seu restaurante. Pouco despois da chegada de Tang, os criminais irrompen no restaurante coa intención de obrigar a Chen a asinar a venda da súa propiedade. Despois de que se risen do estilo de combate da China, un furioso Tang reta ós matóns e derrótaos nunha excelente exhibición de artes marciais. Logo de fracasar no seu afán de asasinar a Tang, o cerebro da banda contrata a Colt (Chuck Norris), un campión americano de karate, no derradeiro intento de acabar con el. Tang enfrontarase co americano no mítico Coliseo de Roma no que loitarán como gladiadores nun lendario combate a morte.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]