Bruce Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruce Lee
HK Star Bruce Lee 10.jpg
Estatua na Avenida das Estrelas de Hong Kong
Nacemento Bruce Lee.
27 de novembro de 1940.
San Francisco, Flag of the United States.svg Estados Unidos
Falecemento 20 de xullo de 1973.
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong
Outros nome(s) Pequeno Dragón.
Profesión Artista marcial e actor.
Cónxuxe(s) Linda Lee Cadwell
Fillo(s) Brandon Lee (1965–1993)
e Shannon Lee (1969-)
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Bruce Lee (李小龍), nado o 27 de novembro de 1940 en San Francisco, California e falecido o 20 de xullo de 1973 en Hong Kong, foi un artista marcial e actor estadounidense de orixe chinesa.

Índice

Biografía [editar]

Recoñecido expoñente de fama mundial e renovador das artes marciais de mediados do século XX, dedicou a súa vida a esta disciplina, estudou formalmente Wing Chun co mestre Yip Man, e creou o seu propio estilo persoal de arte marcial, Jeet Kune Do (JKD) ou "a arte do puño interceptor".

Voz de Bruce Lee: "Se auga, meu amigo."

As súas películas, entrevistas e principalmente o seu carisma e influencia, contaxiaron e estenderon o auxe da paixón polas artes marciais por todo occidente, xerando unha ola de seguidores a través de todo o mundo. A súa pegada aínda perdura no tempo, de tal maneira que quedou na historia, como unha grande icona das artes marciais do século XX.

Filmografía parcial [editar]

Ano Título Personaxe Nacionalidade Observacións
1966 Batman Kato Estados Unidos serie de televisión
1966 The Green Hornet Kato Estados Unidos serie de televisión
1971 Tang shan da xiong Cheng Chao-An Hong Kong
1972 Jing wu men (The Chinese Connection) Chen Zhen Hong Kong
1972 Meng long guo jiang (Return of the Dragon) Tang Lung (alias Dragon) Hong Kong
1973 Enter the Dragon Lee Estados Unidos
1978 Si wang you ju (Game of Death) Billy Lo Hong Kong
1981 Si wang ta (Game of Death II) Billy Lo Hong Kong

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

Ligazóns externas [editar]