Club Polideportivo Ejido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Poli Ejido»)
Poli Ejido
NomeClub Polideportivo Ejido, S.A.D.
Alcume(s)Poli, Poli Ejido, Equipo celeste, Los Pitufos
Fundación1969
Desaparición2012
EstadioSanto Domingo,
El Ejido, Almería,
España
Inauguración2001
Capacidade7.870 pattern_la1=_Poli Ejido 0809
Na casa
Fóra

O Club Polideportivo Ejido, máis coñecido como Poli Ejido, foi un club de fútbol español da cidade de El Ejido, na provincia de Almería. Foi fundado en 1969 e durante a tempada 2011–12 o club se atopaba acollido á Lei Concursal debido á paupérrima situación económica da entidade. Nun principio conseguiu evitar o descenso administrativo a Terceira División grazas ao proceso concursal, pero acabou retirándose da competición e descendiendo, despois de chamarse Poli Ejido 2012 SD. No verán de 2012 fundouse o Club Deportivo El Ejido 2012 como sucesor do equipo.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta celeste, pantalón branco, medias celestes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde pistacho e pantalón negro, medias negras con base e listas verde pistacho.

Historia[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011–12 o club atopábase na peor situación económica e deportiva posible xa que encadeaba unha serie de débedas que obrigou a poxar a entidade o 27 de decembro de 2011. O 9 de xaneiro de 2012 o club deu a carta de liberdade a tódolos xogadores ao non facerse efectiva a chegada dun comprador ao club, deixando a este á beira da disolución. Finalmente, o 18 de xaneiro anunciouse a renuncia á súa praza na Segunda División B, respectando os resultados até a data.[1]

Estadio[editar | editar a fonte]

O estadio do Poli Ejido é o Municipal de Santo Domingo, inaugurado en 2002 e que ten unha capacidade de 7.870 espectadores. As dimensións do campo de xogo son de 105 × 68 metros. O complexo conta con vestiarios, sala antidopaxe, sala médica, sala de prensa, sala de trofeos, iluminación, megafonía, bar e aseos, e o campo está distribuído en tribuna cuberta, preferencia e fondo novo.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 7
  • Tempadas en 2ªB: 9
  • Tempadas en : 9
  • Mellor posto en Segunda: 11º (tempada 2006–07)
  • Peor posto en Segunda: 22º (tempada 2007–08)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]