Notoquéiridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Notoquéiridos (Notocheiridae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, pertentente á orde Ateriniformes (Atheriniformes). Distribúese por augas de Suráfrica, India, Xapón, Australia, Hawai e Chile.

Características[editar | editar a fonte]

Son todos peixes de pequeno tamaño, de menos de 5 cm de lonxitude. Os dentes da mandíbula superior están confinados nunha porción do premaxilar.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dous xéneros e seis especies:

  • Xénero Iso (Jordan e Starks, 1901)
  • Xénero Notocheirus (Clark, 1937)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]