Nieves Abarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNieves Abarca
Biografía
Nacementomaio de 1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , empregada Editar o valor em Wikidata

Facebook: nieves.abarca Twitter: mnievesabarcac Editar o valor em Wikidata

Nieves Abarca Corral, nada na Coruña a finais de maio[1][2] de 1968, é unha escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e logo fixo un mestrado en Xornalismo na Universidade Aberta de Cataluña (UOC). Viviu en Londres dous anos e traballou profesionalmente na policía local[2] e na administración pública[3] para o concello da Coruña, denantes de dedicarse á escritura.

A súa obra está escrita en lingua castelá e o seu xénero fundamental é a novela negra. Asistiu a un curso de psicoloxía criminal impartido polo profesor da Universidade de Valencia Vicente Garrido, e iso fixo que acabase dedicándose á escritura e publicando con el novelas a catro mans. As súas primeiras novelas pertencen a unha serie que ten como protagonista a inspectora da policía Valentina Negro, e o criminólogo Javier Sanjuán; o primeiro volume da serie está ambientada na cidade da Coruña.

En 2019 escribiu fóra do seu tándem habitual con Garrido, adentrándose na novela histórica con Voraces, que ten como personaxe principal a escritora liberal Juana de Vega.

Tamén ten colaborado con medios culturais, tanto escribindo como tirando fotografías[2].

Obra[editar | editar a fonte]

A canda Vicente Garrido[editar | editar a fonte]
  • Crímenes exquisitos (Versátil, 2012). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 1.
  • Martyrium (Versátil, 2013). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 2.
  • El hombre de la máscara de espejos (Ediciones B, 2014). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 3.
  • Los muertos viajan deprisa (Ediciones B, 2016). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 4.
  • El beso de Tosca (Ediciones B, 2018).
En solitario[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faginas, Sandra (2019-07-12). "Nieves Abarca: «En Coruña matamos de manera distinta que en Vigo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nieves Abarca". Anika Entre Libros (en castelán). Consultado o 2022-08-29. 
  3. "Nieves Abarca: libros y biografía autora". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2022-08-29.