Nicolas Appert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolas Appert

Nicolás Appert, nado en Châlons-en-Champagne o 17 de novembro de 1749 e finado en Massy o 1 de xuño de 1841, foi un químico francés.

Inventou o método de preservación hermética dos alimentos. Abriu a primeira fábrica comercial de conservas no mundo. Foi un bo cociñeiro e traballou nas cociñas da princesa de Forbach, que foi unha das mulleres máis golosas de París.