Nicolás de las Llanderas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicolás de las Llanderas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo Editar o valor em Wikidata

Nicolás de las Llanderas Fraga, nado na Coruña o 16 de febreiro de 1888[1] e finado en Buenos Aires o 20 de maio de 1938, foi un dramaturgo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Teodoro de las Llanderas Pastor (1846-1928), tenente coronel de Infantaría, e Esclavitud Fraga Rivadull. Iniciou a carreira militar, que interrompeu para cursar a academia mercantil, rematando como profesor e perito aínda que nunca chegou a exercer exerceu a profesión. Instalado en Vigo, foi un dos fundadores do club de fútbol Infantil en 1906, do que foi presidente. Foi actor, interpretando algúns monólogos en galego,[2] e estreou a comedia Bandera de Parlamento no teatro Tamberlick en novembro de 1913.[3] Membro do Club Machada, foi redactor da revista humorística Machada que editou o Club Machada en 1914.[4] Marchou a Chile e dende alí a Buenos Aires onde traballou como actor en varias compañías teatrais. Escribiu cadros para o coro Aires da Terra que foron representados en Buenos Aires en 1933.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu numerosas pezas de teatro, a maioría delas na década de 1930 en colaboración con Arnaldo Malfatti.[6]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Guionista (con Arnaldo Malfatti)
Autor (con Arnaldo Malfatti)

Teatro[7][editar | editar a fonte]

con Juan F. Ferlini e Arnaldo Malfatti
  • ¿Trabajar?... Nunca!
  • La empresaria del Colón
con Arnaldo Malfatti
  • Al buen lechón. Fábrica de embutidos
  • El almacén de la alegría
  • Así es la vida
  • Astillas del mismo palo
  • Caminito alegre
  • La camisa encantada
  • La casa de los escándalos
  • Derecho a Vieytes
  • Dos patos en la vía
  • En la Rioja, Filemón armó una revolución
  • Lujan
  • Martorell, Magariños y Co
  • Miente y serás feliz
  • Mis cinco papás
  • No hay que hacerse mala sangre
  • La paja en el ojo ajeno
  • Pic-Nic
  • ¡Por que si!
  • ¡¡Qué fenómeno!!
  • ¡Que parientes, Mama Mía!
  • Los reyes de la milanesa
  • Los tres berretines
  • Villa chimento
con Arnaldo Malfatti e Tito Insausti
  • ¡Esposa último modelo!
  • ¡Tiburón!
  • Al marido hay que seguirlo

Versións de Así es la vida[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Teatro: desde el 30 a la actualidad". La historia de la literatura argentina t. II. Buenos Aires: Centro Editor de América Latina. 1980. p. 1227. 
  2. Nova Galicia, 17-6-1910, 1.
  3. Noticiero de Vigo, 30-10-1913, p. 1.
  4. "Reguenga, creador del Club Machada e impulsor del Castro", La Voz de Galicia, Vigo, 29-9-1994, p. 42.
  5. Nova Galicia, 28-10-1933, p. 6.
  6. Zayas de Lima, Perla (1991). Diccionario de autores teatrales argentinos 1950-1990 (en español). Galerna. pp. 171/2. ISBN 950-556-275-6. 
  7. "Biblioteca teatral". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  8. 8,0 8,1 Manrupe, Raúl; Portela, María Alejandra (2001). Un diccionario de films argentinos (1930-1995). Buenos Aires, Editorial Corregidor. p. 38. ISBN 950-05-0896-6. 
  9. Pellettieri, Osvaldo (director) (2003). Historia del teatro argentino en Buenos Aires. Vol IV. Buenos Aires. Ed. Galerna. ISBN 950-556-447-3. Capítulo: Compañías y teatros por Cristina Massa, pág. 533. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]