Republic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republic
Álbum de New Order
Edición: 3 de maio de 1993
Datas de gravación: 1992
Estudio(s) de gravación: Real World, RAK
Duración: 47:37
Xénero: dance alternativo, rock alternativo, electrónica
Selo(s): London Records
Producido por: Stephen Hague, New Order
Cronoloxía
Technique Republic the best of) New Order

Republic é o sexto álbum de estudio da banda inglesa New Order, editado o 3 de maio de 1993 a través do selo London Records. Foi o seu primeiro traballo publicado despois da desaparición de Factory Records.

O álbum acadou o número 1 no Reino Unido, sendo o último traballo da banda en acadar esa posición. O disco recibíu unha nomeación ao Mercury Music Prize. Seu principal sinxelo, "Regret", é tamén o último en acadar o top 5 no seu país.

A banda entrou en hiato despois nun concerto no Reading Festival promocionando o disco en agosto de 1993. É sabido que ao vocalista Bernard Sumner non lle gusta viaxar a Norteamérica, e os reportaxes de prensa suxiren que a presión da parte da xira que se ía a realizar nesa parte do planeta contribuíu á separación temporal da banda, que volvería a reunirse en 1998.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Gillian Gilbert, Peter Hook, Stephen Morris, Bernard Sumner e Stephen Hague.

  1. "Regret" – 4:08
  2. "World" – 4:44
  3. "Ruined in a Day" – 4:22
  4. "Spooky" – 4:43
  5. "Everyone Everywhere" – 4:24
  6. "Young Offender" – 4:48
  7. "Liar" – 4:21
  8. "Chemical" – 4:10
  9. "Times Change" – 3:52
  10. "Special" – 4:51
  11. "Avalanche" – 3:14