The Last of Us

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Last of Us
Desenvolvedor Naughty Dog
Distribuidora Sony Computer Entertainment
Director Bruce Straley
Neil Druckmann
Deseñador Jacob Minkoff
Artista Erick Pangilinan
Nate Wells
Compositor Gustavo Santaolalla
Motor In-house engine[1]
Havok (físicas)
Lanzamento 14 de xuño de 2013
Xénero Acción, aventura, supervivencia e horror
Modos de xogo Un xogador e multixogador
Plataformas PlayStation 3
Formato Blu-ray, descarga
Páxina oficial Páxina oficial

The Last of Us é un videoxogo de acción e horror desenvolvido por Naughty Dog e distribuído por Sony Computer Entertainment exclusivamente para a PlayStation 3. Foi estreado oficialmente o 10 de decembro de 2011, durante a Spike TV Video Game Awards e a súa estrea mundial fíxose o 14 de xuño de 2013.

O xogador ten o control de Joel (voz e movementos de Troy Baker), que está viaxando a través duns Estados Unidos post-apocalípticos no ano 2033, coa fin de acompañar a Ellie (voz e movementos de Ashley Johnson) cara un grupo de resistencia, os Fireflies, que segundo cre Ellie, pode ser a chave para atopar a cura da infección que devastou o mundo. O xogador debe defender á personaxe de criaturas semellantes a zombis, que foron infectadas por unha mutación do fungo Cordyceps, así como de humanos hostís como bandidos e caníbales. Para iso, deberá empregar armas de fogo e o sixilo, así como pola capacidade dunha representación visual do son coa fin de escoitar os inimigos agochados nos distintos lugares. O xogador tamén poden crear armas e obxectos médicos pola combinación de elementos recollidos polo mundo.

The Last of Us reciviu críticas que louvaron o seu guión, a actuación de voz, o deseño do son e dirección de arte. A súa narrativa foi aclamada pola caracterización das personaxes e a descrición da condición humana, que atinxe temas coma o sacrificio, a lealdade, o destino e a esperanza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]