Nettie Stevens
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nettie Maria Stevens, nada en Cavendish (Vermont) o 7 de xullo de 1861 e finada en Baltimore (Maryland) o 4 de maio de 1912, foi unha bióloga xenetista estadounidense.
En 1905, descubriu os cromosomas X e Y que determinan o xénero traballando con moscas da froita (Drosophila melanogaster), dando así a proba á hipótese de Calvin Bridges de que os xenes estaban contidos nos cromosomas.