Nate Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNate Parker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Norfolk, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oklahoma (pt) Traducir
Pennsylvania State University
Great Bridge High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica, dirección de cine e film screenwriting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , actor de cinema , loitador afeccionado , actor , guionista , produtor de cinema , adestrador , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteluta amadora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnateparkerfoundation.org… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1676649 Allocine: 125687 Rottentomatoes: celebrity/1184384-nate_parker Allmovie: p489061
Facebook: OrigiNateParker Twitter: NateParker Instagram: origi_nate Youtube: UCuCOKBDI3PuyuHSeqJdXydg TikTok: origi_nate Editar o valor em Wikidata

Nate Parker, nado en Norfolk (Virxinia) o 18 de novembro de 1979 é un actor, director, produtor e guionista estadounidense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parker naceu en Virxinia, fillo de Carolyn, de dezasete anos. A súa nai nunca casou co seu pai biolóxico, mais si co home que lle deu o apelido Parker.[2] Cando Parker estaba na escola media a súa nai casou con Walter Whitfield, da forza aérea, e mudouse a Main. Parker viuse envolto en pelexas no colexio e na casa co seu padrasto, polo que marchou a Virginia Beach, Virxinia para vivir co seu tío materno, Jay Combs, aos catorce anos. Parker volveu reunirse coa súa nai cando esta volveu a Virxinia para coidar da súa avoa.[3]

Parker foi acusado de violación en 1999 cando estaba na Universidade Estatal de Pensilvania e liberado dos cargos en 2001.[3] En 2007 casou con Sarah DiSanto, orixinaria de Erie, Pennsylvania.[4]

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Seguindo o seu tío Combs, antigo loitador, Parker comezou a practicar loita no instituto, e quedou terceiro no campionato estatal júnior. Conseguiu ademais unha bolsa completa para a Penn State University.[3][5] En 2002 quedou quinto nun campionato nacional universitario.[3] O ano seguinte graduouse en programación de ordenadores e traballou como programador ata que o descubriron nunha convención de modelos en Dallas, Texas mentres acompañaba unha amiga.[6]

Carreira interpretativa[editar | editar a fonte]

O descubridor de talentos Jon Simmons viu a Parker e preguntoulle se era actor ou modelo. Cando lle dixo que ningunha das dúas pediulle que lese un monólogo de The Fast and The Furious.[7] Parker mudouse logo aos Ánxeles e axiña apareceu nun anuncio de televisión.

Denzel Washington seleccionou a Parker para interpretar a Henry Lowe no seu filme The Great Debaters.[8] Parker oíra que Washington requiría biografías das súas personaxes e escribiu unha biografía de cen páxinas sobre Lowe.[9][10] A partir de entón seguiu participando en numerosos filmes.

Dirección[editar | editar a fonte]

Durante anos Parker estivo interesado en realizar un filme baseado na vida de Nat Turner. En 2014 anunciou que atopara financiamento e traballaba no filme, que se chamaría The Birth of a Nation como homenaxe irónica ao célebre e racista filme homónimo.[11] En 2016 logrou a marca de converterse no filme máis pagado (17,5 millóns de dólares) no Festival de Cinema de Sundance, superando Little Miss Sunshine.[12]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filme
Ano Título Personaxe Notas
2005 Dirty Duster
2005 Cruel World Techno
2007 Pride Hakim
2007 The Great Debaters Henry Lowe
2008 Felon Officer Collins
2008 Tunnel Rats Private Jim Lidford
2008 Rome & Jewel Rome
2008 The Secret Life of Bees Neil
2010 Blood Done Sign My Name Ben Chavis
2012 Red Tails Capt. Martin "Easy" Julian
2012 Arbitrage Jimmy Grant
2012 Red Hook Summer Box
2013 Ain't Them Bodies Saints Sweeter
2014 About Alex Ben
2014 Beyond the Lights Kaz Nicol
2014 Every Secret Thing Kevin Jones
2014 Non-Stop Zack White
2014 Eden Slim
2016 The Birth of a Nation Nat Turner director, guionista e produtor
Television
Ano Serie Personaxe Notas
2004 Cold Case R. J. Holden Temporada 1, Episodio 22: "The Plan"
2005 Kurtlar vadisi Male Model Temporada 4, Episodios 96 & 97
2006 The Unit Darryl Temporada 2, Episodio 11: "Silver Star"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kent, Alexandyr (24-12-2007). "'The Great Debaters' interviews: Nate Parker Plays Brilliant, Volatile Mind". Shreveport Times. Consultado o 7-11-2008. 
  2. "Nate Parker". MovieTome. CNET Networks, Inc. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 7-11-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Tucker, Kyle (23-12-2007). "From Hampton Roads to Hollywood". The Virginian-Pilot online. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 8-11-2008. 
  4. "Actor with Erie ties to appear on 'Oprah'". goerie.com. 24-11-2007. Arquivado dende o orixinal o 25-01-2016. Consultado o 8-11-2008. 
  5. "Nittany Lions Begin Four-Match Road Trip With Loss To Illinois". Newsbank. 1999-02-13. Consultado o 2008-12-12. 
  6. Murphy, Mekado (23-4-2014). "Tribeca First-Timers: Nate Parker". The New York Times. Consultado o 5-11-2014. 
  7. Welkos, Robert W. (24-12-2007). "No argument, his goal is to be a star". Los Angeles Times. Consultado o 8-11-2008. 
  8. Morales, Wilson (12-5-2008). "Nate Parker Talks 'Great Debaters' DVD And Film With Alicia Keys". BlackVoices.com. Consultado o 7-11-2008. 
  9. Smith, Jeremy (20-12-2007). "Exclusive Interview: Nate Parker (The Great Debaters)". Cinematic Happenings Under Development. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 8-11-2008. 
  10. Clark, John (22-12-2007). "Nate Parker stars in 'Great Debaters'". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 8-11-2008. 
  11. Brown, Emma. "NATE PARKER'S FUTURE PAST". Consultado o 10-4-2015. 
  12. Coggan, Devan (26-1-2016). "Fox Searchlight Buys The Birth of a Nation for Record-Breaking Price". Time. Consultado o 28-1-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]