The Birth of a Nation
| The Birth of a nation | |
|---|---|
| Título orixinal | |
| Ficha técnica | |
| Director | D.W. Griffith |
| Produtor | D.W. Griffith |
| Guión | Thomas F. Dixon Jr. |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Lillian Gish Mae Marsh Henry B. Walthall Miriam Cooper Mary Alden Ralph Lewis George Siegmann Walter Long Robert Harron Wallace Reid Joseph Henabery |
| Música | Joseph Carl Breil D.W. Griffith |
| Fotografía | G.W. Bitzer |
| Montaxe | |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 1915 |
| Duración | 189 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Birth of a Nation é unha película de 1915 dirixida e producida por David Wark Griffith. Está considerada unha das películas máis famosas da época do cine mudo, e tamén unha das máis polémicas por promover a supremacía branca e describir o suposto heroísmo dos membros do Ku Klux Klan. Tamén se considera un fito da historia do cine, ao conxugar o autor todos os recursos narrativos que fora desenvolvendo o cine até ese momento, quedando establecido un modelo que permanece até a actualidade.
Índice |
Trama [editar]
A acción comeza pouco antes da Guerra de Secesión. Está ambientada nos Estados Confederados de América, con dúas familias brancas amigas que representan o Norte e o Sur dos Estados Unidos. A familia do sur manda os seus tres fillos homes á guerra.
Trala sinatura da paz e a reunificación, aparece reflectido o asasinato de Abraham Lincoln e o ascenso ao poder dos negros en diferentes estados.
Técnica [editar]
A forma en que se establece o salto de eixe, o uso dos primeiros planos, a alternancia entre planos xerais que permiten comprender e organizar o espazo en que ten lugar a acción cos planos cortos onde se aprecia o detalle, constitúen a base do novo modelo cinematográfico de Griffith.