Nakajima B5N
| Nakajima B5N | |
|---|---|
| B5N "Kate" | |
| Tipo | bombardeiro |
| Fabricante | Nakajima |
| Primeiro voo | xaneiro de 1937 |
| Introducido | 1939 |
| Retirado | 1945 |
| Estado | retirado |
| Principais usuarios | Armada Imperial Xaponesa |
| Produción | 1937 - 1944 |
| Construídos | 1.149 |
| Variantes | Nakajima B6N |
O Nakajima B5N foi un bombardeiro lixeiro e torpedeiro xaponés da Segunda Guerra Mundial. Deseñouse en 1936 e o seu prototipo voou por primeira vez en xaneiro de 1937. Fabricáronse 1.149 unidades ata 1943 cando rematou a súa produción ao quedar obsoleto. Foi famoso pola súa participación no ataque a Pearl Harbour. Despois de 1943 moitos foron usados en tarefas antibuque e antisubmarino. Os aliados alcumárono "Kate".
Cando comezou a guerra contra os Estados Unidos o "Kate" era o mellor torpedeiro embarcado do mundo e durante os meses seguintes afundiría tres portaavións estadounidenses e apoiaría todos os desembarcos anfibios de Xapón. Porén cara ao ano 1944 era un avión obsoleto debido aos novos avances tecnolóxicos.
A pesar de se usar principalmente embarcado, tamén se utilizou como bombardeiro con base en terra. A tripulación do B5N estaba formada por tres homes: piloto, navegador/bombardeiro/observador e operador de radio/artilleiro.
Variantes [editar]
- Tipo K: prototipo
- B5N1: primeiro modelo de produción
- B5N1-K: versión mellorada
- B5N2: conversión do B5N1 para avión de adestramento avanzado