Nakajima B6N

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nakajima B6N Tenzan
Tenzan acendendo o motor
Tipotorpedeiro
FabricanteNakajima
Introducido1943
Retirado1945
Principais usuariosArmada Imperial Xaponesa
Unidades construídas1 268

O Nakajima B6N Tenzan (montaña celestial) foi un bombardeiro lixeiro e torpedeiro xaponés da segunda guerra mundial. Deseñouse en 1939 para suceder ao B5N e tiña unha célula semellante, pero con mellores prestacións e un motor máis potente. Voou por primeira vez na primavera de 1941 pero o deseño sufriu moitos problemas técnicos que quedarían finalmente emendados a finais de 1942. Construíronse 1.266 e moitos foron usados como avións de recoñecemento e como kamikazes. Os aliados alcumárono "Hill".

Foi o torpedeiro estándar da Armada Imperial Xaponesa de torpedero durante os últimos anos da guerra, pero debido ao seu longo desenvolvemento, á escaseza de pilotos experimentados e á superioridade aérea estadounidense o B6N nunca chegou a demostrar plenamente todo o seu potencial.