Nadezhda Mandelstam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nadezhda Mandelstam
Nome completoНадежда Яковлевна Хазина
Nacemento18 de outubro de 1899 e 30 de outubro de 1899
Lugar de nacementoSaratov
Falecemento29 de decembro de 1980
Lugar de falecementoMoscova
SoterradaCemitério de Kuntsevo
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
EtniaPobo xudeu
Ocupaciónescritora, autobiógrafa, biógrafa, poeta e mestra
CónxuxeOsip Mandelstam
Coñecida porHope Against Hope: A Memoir
Na rede
Musicbrainz: 89ae130e-bdb3-46b3-aeac-10e9a4a3cda4 Find a Grave: 9078741 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nadezhda Yakovlevna Mandelstam (en ruso Надежда Яковлевна Мандельштам), nada en Saratov o 31 de outubro de 1899 e finada en Moscova o 29 de decembro de 1980 foi unha escritora rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía de clase media, pasou os seus anos mozos en Kíiv. Despois do instituto estudou arte. En 1921 casou co poeta Osip Mandelshtam, co que viviu en Ucraína, San Petersburgo, Moscova e Xeorxia. Osip foi arrestado en 1934 polo seu Кремлёвский горец, un epigrama onde describía o clima de terror na Unión Soviética, e exiliouse con Nadezhda a Cherdyn, na rexión de Perm, e mais tarde a Voronezh.

Após o segundo arresto de Osip Mandelshtam e a súa morte no campo de concentración "Vtoraya Rechka", preto de Vladivostok en 1938, Nadezdha Mandelstam levou un estilo de vida case nómade, esquivando ó arresto, mudando constantemente o seu lugar de residencia e sobrevivindo a base de traballos temporais. En polo menos unha ocasión, en Kalinin, a NKVD apareceu ó día seguinte de que escapase.

Como unha especie de misión vital, tentou preservar e publica-la herdanza poética do seu marido. Conseguiu manter a meirande parte memorizada xa que non confiaba no papel.

Após a morte de Stalin, Nadezhda Mandelstam completou a súa tese en 1956, e permitiuse que volvera a Moscova en 1958.

Nas súas memorias, Hope Against Hope e Hope Abandoned, publicadas primeiro en Occidente, dá unha especie de análise épico da súa vida e critica a degradación moral e cultural da Unión Soviética a partir de década de 1920. Os títulos das súas memorias son xogos de palabras, xa que Nadezhda en ruso significa 'esperanza'.

En 1979, deu os seus arquivos á Universidade de Princeton. Morreu en 1980 en Moscova, ós 81 anos.

Obras[editar | editar a fonte]