Museo Lenin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Lenin
Lenin-museo (en finés)
Placa na entrada do museo.
PaísFinlandia Finlandia
CidadeTampere
Inauguración1946
Na rede
http://rupriikki.tampere.fi e https://www.lenin.fi/
Facebook: 200140623376365 Instagram: leninmuseo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Lenin é un museo da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase do único museo de occidente adicado á figura do revolucionario ruso Vladimir Lenin.

Está situado na Casa dos Traballadores de Tampere, onde en 1905 Lenin e Stalin reuníronse por primeira vez con motivo dunha conferencia do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso. Foi inaugurado o 20 de xaneiro de 1946 para conmemorar a morte de Lenin, e en 2014 foi transferido ao Museo dos Traballadores Werstas, despois do cal foi renovado, reabrindo as súas portas en 2016. O museo está situado na sala onde tivo lugar a reunión entre ambos revolucionarios.[1]

O museo foi galardoado coa Orde da Amizade dos Pobos en 1986 polo consello do Sóviet Supremo da Unión Soviética. Dende a disolución da Unión Soviética, o museo desenvolveu unha visión máis crítica do traballo de Lenin e a Unión Soviética.

Entre os visitantes do museo encóntranse varios altos cargos da Unión Soviética como Nikita Khrushchev, Nikolai Bulganin, ou o primeiro astronauta Iuri Gagarin, o que dá mostra da alta significación política do museo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Miksi Tampereella on Lenin-museo?" (en inglés). Lenin-Museo. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 18 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]