Arca de Noé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noah's Ark (1846), pintura do artista Edward Hicks
"Johan's Ark", modelo do barco realizado nos Países Baixos.

A arca de Noé (hebreo: תיבת נח; hebreo bíblico: Tevat Noaḥ) é unha embarcación na que Deus salva a Noé, á súa familia e a unha parella de cada especie animal, da grande inundación relatada no libro da Xénese. Deus transmítelle a Noé unhas instrucións detalladas para construír a arca. A historia describe como a arca navega a inundación e cando as augas baixan de novo, remata no cumio do Monte Ararat. A historia tamén aparece, con variacións, no Corán, onde a arca é chamada Safina Nuh (árabe: سفينة نوح).

A narración da inundación na Xénese é semellante a outros diluvios míticos noutras culturas diferentes. O máis antigo mito coñecido sobre un diluvio é o mito do diluvio sumerio atopado na Épica de Ziusudra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]