Mira Kuisma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMira Kuisma
Biografía
Nacemento6 de maio de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Kuopio, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura168 cm Editar o valor em Wikidata
Peso143 lb Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo , adestrador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPorteira Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Oulun Kärpät Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 2010Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: mira-kuisma Editar o valor em Wikidata

Mira Kuisma nada o 6 de maio de 1987 en Kuopio (Finlandia) é unha xogadora de hóckey sobre xeo retirada, actualmente adestradora da selección feminina sub-18 de Finlandia, así como do equipo Team Kuortane da Naisten Liiga. Durante a súa carreira como porteira defendeu a camisola de KalPa e Kärpät, ademais foi seleccionada pola selección finlandesa absoluta, coa que gañou un bronce olímpico (2010) e outro mundial (2009).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kuisma comezou a xogar en KalPa, o equipo da súa cidade natal, xogando as tempadas 2002-03 e 2003-04 na I-divisioona antes de fichar por Kärpät en 2004.[1] Co equipo de Oulu gañou varias medallas no campionato finlandés antes de deixar a súa carreira como xogadora na primavera de 2011.[2]

Na tempada 2012-13 exerceu como adestradora asistente de Kärpät, así como do equipo sub-18 de Austria no campionato do mundo de División 1A. Na tempada 2013-14 foi elixida como adestradora xefa de Kärpät.[3] En marzo de 2019, logo de catro tempadas á cabeza do banco de Kärpät, Kuisma asinou como adestradora xefa de Team Kuortane, tamén da máxima categoría do hóckey feminino finlandés.[4]

Selección finlandesa[editar | editar a fonte]

Kuisma foi membro do equipo nacional dende 2006, aínda que non chegou xogar en ningún torneo importante. No Campionato do Mundo de 2009 foi a terceira porteira do equipo que conquistou o bronce. Tamén gañou o bronce no torneo olímpico feminino de 2010 en Vancouver,[5] aínda que non chegou xogar.[2]

En agosto de 2018 Kuisma foi nomeada seleccionadora da selección feminina sub-18 de Finlandia, substituíndo a Jari Risku, que se mudou a Hungría.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mira Kuisma" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Mira Kuisma" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  3. "Taas mitali mielessä". OuluLehti.fi (en finés). 23 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  4. Teiskonlahti, Kirsi (17 de marzo de 2019). "Kärppien kultasormi Kuisma jatkaa matkaansa Kuortaneelle – pronssijuhliin huipentui työläs kausi: "Olin aika puhki tammikuussa"". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  5. "Suomen naisleijonat voittivat pronssia jatkoaikamaalilla" (en finés). Comité Olímpico Finlandés. 25 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  6. Viljanen, Markus (21 de agosto de 2018). "Mira Kuisma Tyttöleijonien päävalmentajaksi". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 15 de outubro de 2022.