Mikheil Saakashvili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikheil Saakashvili
Mikhail Saakashvili, Davos (cropped).jpg
Mikheil Saakashvili
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 21 de decembro de 1967
Lugar: Tbilisi, Xeorxia Xeorxia
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Movemento Nacional-Demócratas
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente de Xeorxia 25 de xaneiro do 2004- 25 de novembro de 2007
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogado
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Mikheil Saakashvili Saakashvili (en xeorxiano: მიხეილ ნიკოლოზის ძე სააკაშვილი, nado en Tbilisi o 21 de decembro de 1967, é un político xeorxiano, expresidente do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 25 de xaneiro de 2004 sucedeu a Nino Burjanadze, (daquela presidenta en funcións). Saakashvili substituíu nas eleccións do 2004 a Eduard Shevardnadze, trala revolución rosa. Mikheil Saakashvili renunciou ao seu cargo en novembro do 2007, para poder presentarse ás eleccións presidencias de xaneiro do 2008. A actual voceira do parlamento de Xeorxia, Nino Burjanadze é a presidenta en funcións.

Os medios estranxeiros adoitan pronunciar o seu nome como en ruso, Mikhail. En Xeorxia, é comunmente coñecido como "Misha," diminutivo de Mikheil. O seu nome adoita ser transliterado a Mixeil Saakašvili.

Mikheil está casado coa holandesa Sandra E. Roelofs, coa que ten dous fillos, Eduard and Nikoloz. Ademais do xeorxián, fala inglés, francés, ruso e ucraíno.

Saakashvili estudou na Escola Internacional de Dereito da Universidade de Kiev (Ucraína), e ampliou os seus estudos na Universidade de Columbia de Nova York e na Universidade George Washington de Washington. En 1995 entrou a formar parte do partido Unión de Cidadáns de Xeorxia (SMK) creado por Eduard Shevardnadze pasando a ser estreito colaborador e deputado ese mesmo ano.

O 12 de outubro de 2000, Saakashvili convertiuse en ministro de xustiza do goberno do presidente Shevardnadze. Dende ese cargo intentou levar accións contra a importante corrupción da clase política. No 2001, a súa oposición ao seu partido termina por romper a súa relación co SMK, enfrontándose a Shevardnadze.

No 2003 fundou o seu propio partido e preséntase ás eleccións presidenciais de 2003 que foron gañadas por Shevardnadze entre acusacións de fraude. A oposición de Saakashvili aos resultados, co apoio de Estados Unidos, fixo que xurdisen protestas e manifestacións populares masivas pedindo a nulación dos resultados, sendo coñecida como a Revolución Rosa. Finalmente Shevardnadze dimitiu, e, despois dos comicios celebrados no 2004, Mijeíl Saakashvili logrou por maioría a presidencia.


Predecesor:
Nino Burjanadze
Standard of the President of Georgia.png
Presidente da República de Xeorxia

2004 - 2007
Sucesor:
'