Mihai Viteazul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado de Miguel o Valente

Miguel o Valente (en romanés, Mihai Viteazul, en húngaro Vitéz Mihály), nado en 1558 e finado o 9 de agosto de 1601, foi un voivoda de Valaquia (1593-1601), Príncipe de Transilvania (1599-1600) e de Moldavia (1600).

Durante o seu reinado, que coincidiu cunha guerra entre os Habsburgo e os otománs, ese tres principados que forman o territorio da actual Romanía e a República de Moldavia, uníronse por primeira vez baixo un mesmo dirixinte romanés, aínda que a unión durou apenas seis meses. Aínda así, Miguel o Valente é considerado un gran heroe nacional en Romanía, e a súa figura é invocada no himno de Romanía.