Mesidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegoría, autor anónimo

Mesidor (en francés: Messidor) é o nome do décimo mes do calendario republicano francés, o primeiro da estación do verán, que dura desde o 19 ou 2o de xuño ata o 18 ou 19 de xullo, segundo o ano. Coincide de xeito aproximado co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Cáncer.

O nome provén da cor dourada que toman as méses nos meses de xuño e xullo no hemisferio norte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]