Mesa de debuxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesa de debuxo moderna con tecnígrafo.

Unha Mesa de debuxo ou un taboleiro de debuxo é unha plancha de madeira ou contraplacado (tamén pode ser metálica ou de plástico) de diferentes dimensións, estritamente rectangular, onde se pode fixar unha folla de papel para facer un debuxo técnico ou artístico.

Debuxo técnico[editar | editar a fonte]

Mesa de debuxo de finais do século XIX.

No marco do debuxo de planos ou de arquitectura, agora substituído polo CAD ou DAO e outras aplicacións informáticas, á mesa de debuxo podía aplicarse nos bordos un T, mediante o que se podían debuxar liñas rectas paralelas ou perpendiculares.

Comercialízanse taboeiros de debuxo de plástico, que incorporan un sistema para a fixación do papel e unhas regras para trazar liñas rectas paralelas ou perpendiculares, dedicadas a alumnos de escolas técnicas ou de aficionados.

O nivel máis alto da mesa de debuxo é a "mesa profesional", coa a altura e a inclinación axustábeis facilmente cun contrapeso e un pedal, e que pode ser equipada cun paralex, unha ferramenta para debuxar, utilizada por deseñadores e arquitectos antes da chegada dos ordenadores.

Noutros dispositivos en lugar da regra paralela hai un soporte cun dispositivo chamado tecnígrafo que ten dúas regras en ángulo recto (montadas nunha rótula axustábel) que poden moverse por toda a mesa mantendo sempre a mesma inclinación.

Debuxo artístico[editar | editar a fonte]

No debuxo artístico, a mesa de debuxo serve como soporte para:

  • Técnicas secas simples (lapis, carbón, pastel, etc.). Nestes casos o papel pode ser retido por parafusos oo clips de debuxo, e a placa se coloca sobre unha táboa, sobre os xeollos do artista, ou nun cabalete.
  • Técnicas húmidas (acuarela, guache, etc.). Nestes casos o papel ten que estar tenso, completamente fixado na súa periferia, con cinta de papel adhesivo ou grampas, para que ao secar tenda a quedar perfectamente plano, a pesar da acción da acuarela ou das tintas que o mollaron.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mesa de debuxo