Debuxo técnico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O debuxo técnico é o exercicio de crearen representacións precisas de obxectos por necesidades técnicas en enxeñaría e arquitectura. O profesional do debuxo técnico é coñecido coma delineante. Hoxe en día a mecánica das tarefas de debuxo teñen sido moi aceleradas, a través do emprego de sistemas CADD, pero tanto se o debuxo foi feito a man ou coa axuda dun computador, ten que ser reproducible no mundo real.
Existen dous modelos de representación: o método europeo (ou do primeiro diedro) e o método americano (ou do terceiro diedro).
Modalidades [editar]
Para cada área da tecnoloxía existe unha especialización diferente do debuxo técnico, normalmente traballando con normativas específicas. Algúns exemplos son os que seguen:
- Deseño mecánico - dedicado ao proxecto de máquinas, motores, pezas mecánicas, etc.
- Deseño arquitectónico - dedicado ao proxecto de arquitectura, deseño urbano, paisaxismo, etc.