Matria (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Matria
Ficha técnica
Título orixinalMatria
DirectorÁlvaro Gago
ProdutorDaniel Froiz
María Zamora
Stefan Schmitz
Mireia Graell Vivancos
GuiónÁlvaro Gago
IntérpretesMaría Vázquez
Soraya Luaces
E.R. Cunha "Tatán"
Susana Sampedro
Santi Prego
MúsicaPatricia Cadaveira
Marcel Pascual
FotografíaLucía C. Pan
MontaxeRicardo Saraiva
EstudioMatriuska Producciones
Avalon PC
Elastica Films
Ringo Media
EstreaFestival de Berlín: 17 de febreiro de 2023
Galicia 24 de marzo de 2023
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación221.901,31 €[1]
Na rede
IMDB: tt13866630 Editar o valor em Wikidata

Matria é un filme galego de 2023 dirixido por Álvaro Gago (no seu debut como director dunha longametraxe) e protagonizado por María Vázquez. Foi rodado en lingua galega.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientada nunha vila mariñeira galega, a trama segue a difícil situación de Ramona, unha muller traballadora que loita por manterse a flote.[2] Segundo María Vázquez "Matria reflicte a vida dunhas mulleres moi fortes e poderosas, pero con pouca autoestima. Manteñen a industria na zona das Rías Baixas e tamén coidan da súa familia e da familia dos demais para que estes poidan traballar".[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

A historia baséase libremente na vida de Francisca Iglesias, unha muller que coidaba do avó de Gago, e que protagonizou a curtametraxe homónima de Gago.[5] María Vázquez asumiu o papel protagonista (Ramona) da longametraxe, interpretando unha versión máis nova do personaxe.[5] Francisca Iglesias desempeña un papel menor no filme.[5] O filme foi producido pola pontevedresa Matriuska Producciones, a madrileña Avalon PC, a valenciana Elastica Films e a barcelonesa Ringo Media.[4] Completamente rodado en lingua galega, María Vázquez (que se criou na provincia de Lugo) afrontou o reto de adaptar o seu galego á variedade das Rías Baixas.[5]

Estrea[editar | editar a fonte]

O filme estreouse o 17 de febreiro de 2023 na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, proxectado na sección Panorama do festival. Estreouse nos cinemas en España o 24 de marzo de 2023.[6]

Acollida[editar | editar a fonte]

Jonathan Holland de ScreenDaily, advertindo de que "calquera persoa que busque unha historia valente e contra prognóstico, contada a través dos ollos dunha vítima da inxustiza, chegou ao lugar equivocado", e destacou que unha das virtudes fundamentais do filme é que [a protagonista] "é falible e autodestrutiva".[7]

Marta Balaga de Cineuropa considerou que o filme é "unha boa visión do cinema social", e que conta cunha protagonista [Ramona] que "se sente real e "divertida" de seguir, aínda que un pode quedar sen alento".[2]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Ano Cerimonia Categoría Galardoado Resultado Ref
2023 26ª edición do Festival de Cinema de Málaga Biznaga de prata á mellor actriz María Vázquez Gañadora [8]

Nos Premios Mestre Mateo 2024 levou cinco premios: actor de reparto (Santi Prego), Interpretación Feminina de Reparto (Susana Sampedro), dirección de produción (Nati Juncal), dirección de fotografía (Lucía C. Pan), interpretación feminina protagonista (María Vázquez).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Matria". Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Balaga, Marta (17 de febreiro de 2023). "Review: Matria". Cineuropa. 
  3. Vizoso, Sonia (2023-03-24). "María Vázquez, protagonista de ‘Matria’: “Hay miedo a hablar de la precariedad en la industria del cine”". El País (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Matria". Berlinale. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Meseguer, Astrid (17 de febreiro de 2023). "La extraordinaria María Vázquez emociona en la Berlinale con el drama social 'Matria'". La Vanguardia. 
  6. Quintás, Paula (4 de marzo de 2023). "Vídeo: Así es el tráiler de 'Matria', la película gallega estrenada en la Berlinale". Quincemil – vía El Español. 
  7. Holland, Jonathan (17 de febreiro de 2023). "‘Matria’: Berlin Review". ScreenDaily. 
  8. Meza, Ed (18 de marzo de 2023). "Spain’s ‘20,000 Species of Bees,’ Panamanian Drama ‘Sister & Sister’ Win Malaga Film Festival’s Golden Biznagas". Variety. 
  9. Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]