Matria (curtametraxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Matria
Ficha técnica
DirectorÁlvaro Gago
ProdutorSombriza Films e Ringo Media
GuiónÁlvaro Gago
FotografíaLucía C. Pan
Estrea24 de outubro de 2017 (España)
24 de xaneiro de 2018 (Estados Unidos)
Duración21 minutos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt7139480 Filmaffinity: 451170 Editar o valor em Wikidata

Matria é unha curtametraxe dirixida polo Álvaro Gago Díaz no ano 2017. En xaneiro de 2018 acadou o Premio do xurado no Festival de Cinema de Sundance. Está baseada na vida de Francisca Iglesias Bouzón, actriz principal e amiga persoal do director.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ramona vive co seu home, con quen apenas se fala, e traballa nunha fábrica de conservas dirixida por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.

Premios[editar | editar a fonte]

Recibiu a Áncora de Ouro do Festival de Curtas Armadiña en 2018.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]