Masahiko Kimura
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Masahiko Kimura (木村政彦 Kimura Masahiko?), (Kumamoto, Xapón, 10 de setembro de 1917 - 18 de abril de 1993) foi un judoka xaponés.
Profesional dende os 20 anos, obtivo o grao de 7º dan en judo aos 29 anos. Foi campión do aberto xaponés de judo e mantivo o título durante 13 anos, sufrindo só unha derrota durante todo ese período.