Mary Harris Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Harris Jones

Mother Jones en 1902.
Biografía
Nacementobautizada o 1 de agosto de 1837
Cork, Irlanda Irlanda
Morte30 de novembro de 1930 (93 anos)
Adelphi, Maryland, Estados Unidos de América Estados Unidos
Lugar de sepulturaUnion Miners Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes"Mother" Jones
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , escritora , sindicalista (pt) Traducir , Activista polos dereitos humanos , sindicalista , community organizer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSocial Democratic Party of America (en) Traducir
Partido Socialista da América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 7b52e2c7-627d-4c65-964e-c1b10c58de7e WikiTree: Harris-1911 Find a Grave: 552 Editar o valor em Wikidata

Mary Harris "Mother" Jones, nada no ano 1837[1][2] en Cork e finada o 30 de novembro de 1930, foi unha mestra e costureira de orixe irlandesa que se converteu nunha importante figura da organización sindical e comunitaria nos Estados Unidos de América. Axudou a coordinar importantes folgas e foi cofundadora do Industrial Workers of the World.

Jones traballou como mestra e costureira, mais trala morte do seu home e os seus catro fillos por febre amarela en 1867 e a destrución do seu obradoiro de costura no Grande incendio de Chicago de 1871, comezou a súa labor sindicalista para Knights of Labor e United Mine Workers.[3] Dende 1897 á idade de 60 anos, comezou a ser coñecida como Mother Jones. En 1902 foi chamada "a muller máis perigosa de América" polo seu éxito na organización dos mineiros e as súas familias contra os propietarios das minas. En 1903, para protestar pola neglixente aplicación das leis do traballo infantil nas minas e fábricas de seda de Pensilvania, organizou unha marcha de nenos dende Filadelfia até a residencia do presidente Roosevelt en Nova York.[4]

A revista Mother Jones, estabelecida en 1976, leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cork Mother Jones Festival". Consultado o 4 de outubro de 2017. 
  2. "Mother Jones". Consultado o 4 de outubro de 2017. 
  3. Gorn, Elliot J. (2002). Hill and Wang, ed. Mother Jones: The Most Dangerous Woman in America. Nova York. p. 4. ISBN 978-0809070947. 
  4. explorepahistory.com (ed.). "Mother Jones leading a protest, circa 1903.". Consultado o 4 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]