Maruxa Olavide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaruxa Olavide
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Maruxa Olavide Verdía, nada na Coruña, é unha escritora e pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Madrid, e comezou a debuxar no estudio do pintor arxentino Rafael Usandivaras. Realizou exposicións na Sala do Palacio Municipal da Coruña (1972), Círculo das Artes de Lugo (1974), Sala da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña (1979) e no Casino de Viveiro (1983 e 1998)[1].

Colabora en El Ideal Gallego coa sección "Las Cosas de Maruxa", en El Correo Gallego con "Personas y Cosas", e en Heraldo de Vivero.

É nai do avogado Ignacio Bermúdez de Castro Olavide[2].

Obras[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

  • Os contos de Xoaquín (relatos; Ed. do Castro, 1995)
  • As cinco amigas (Everest, 2000; ilustracións de Mª Fe Quesada)

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Memorias de una bizca (1992)
  • Y colorín (contos infantís)
  • Personas y cosas de La Coruña y su entorno

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maruxa Olavide, en galegos.info
  2. Ezequiel Pérez Montes (19 de abril de 2012). "Maruxa e Ignacio". La Opinión de A Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.