Martin Landolt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin Landolt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Näfels, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Consello Nacional de Suíza
2 de marzo de 2009 – 29 de novembro de 2023
Circunscrición electoral: Cantón de Glarus
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berna Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Democrática do Centro (–2008)
Partido Burguês Democrático (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Páxina weblandolt.info Editar o valor em Wikidata

Martin Landolt, nado o 30 de xuño de 1968 en Näfels, é un político suízo, presidente do Partido Burgués Democrático Suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Landolt realizou a súa formación de empregado de banca no Banco Cantonal de Glarus, mais logo continuou a súa formación nunha escola superior de administración de empresas. Entre novembro de 2010 e outubro de 2013 foi conselleiro político de UBS.[1][2]

Landolt entrou en 1998 no Gran Consello de Glarus nas listas da Unión Democrática do Centro. De 2003 até 2008 foi vicepresidente da sección cantonal do partido. O 19 de maio de 2008 anunciou a súa marcha do partido, argüíndo que as ideas liberais xa non encaixaban co partido.[3][4] Asumiu entón a presidencia da Fracción Liberal, os disidentes da UDC, no seo do parlamento de Glarus e estivo entre os fundadores do Partido Burgués Democrático Suízo, converténdose en presidente da sección cantonal. O 8 de febreiro de 2009 entrou, nunha elección parcial, no Consello Nacional. O 5 de maio de 2012 substituíu a Hans Grunder como presidente do PBDS.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hubert Mooser: «So wie der UBS-Job gestaltet ist, sehe ich keine Konflikte».
  2. Martin Landolt befreit die BDP von der UBS.[Ligazón morta]
  3. «Streit in der Glarner SVP», NZZ online vom 19.
  4. «SVP-Präsi hat genug von Blochers Stil Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine.», Blick online vom 19.
  5. Martin Landolt ist neuer Präsident der BDP Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine. bei tagesschau.sf.tv, 5.