Marmaduke Tunstall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarmaduke Tunstall
Biografía
Nacemento1743
Burton Constable, Inglaterra
Morte11 de outubro de 1790
Wycliffe
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
Actividade
Ocupaciónornitólogo
Membro de
Royal Society (1771–) Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaTunstall Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCuthbert Constable (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Elizabeth Heneage (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Constable-1680

Marmaduke Tunstall, nado en 1743 e finado o 11 de outubro de 1790, foi un ornitólogo inglés.

Foi o autor da Ornithologica Britannica (1771), probabelmente o primeiro traballo británico no que se utilizou a nomenclatura binominal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tunstall naceu na vila de Burton Constable en Yorkshire do Leste, Inglaterra.

En 1760 herdou as terras familiares de Scargill, Hutton, Long Villers e Wycliffe. De confesión católica, foi educado en Douai, Francia.

Completados os seus estudos pasou a residir en Londres, onde fundou un amplo museo, así como unha gran colección de aves vivas e outros animais. Tras o seu su matrimonio en 1776 o museo se trasladousr a Wycliffe e xa daquela era un dos mellores de Inglaterra.

Tunstall foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres á idade de vinte e un anos e, en 1771, foi elixido membro da Royal Society.

A el débese a descrición do xénero Pyrrhocorax e das especies Falco peregrinus e Motacilla cinerea.

Morreu en Wycliffe e as súas facendas pasaron ao seu medio irmán William Constable.

Constable invitou a Thomas Bewick a Wycliffe, onde pasou dous meses facendo debuxoos dos espécimes de aves. A colección foi finalmente comprada pola Sociedade de Newcastle en 1822 e formou a base do Museo de Newcastle.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Tunstall emprégase para recoñecer a Marmaduke Tunstall como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]