Mario Rigoni Stern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMario Rigoni Stern

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Asiago, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 2008 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Asiago, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAsiago Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2008)
Reino de Italia (1921–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRegio Esercito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarsargento-mor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoBatalla de Francia Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1167259 Editar o valor em Wikidata

Mario Rigoni Stern, nado o 1 de novembro de 1921 en Asiago e finado o 16 de xuño de 2008, foi un escritor italiano e veterano da segunda guerra mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1938 ingresou como voluntario na escola militar de alpinismo en Aosta, durante a segunda guerra mundial combateu na división Tridentine en Grecia, Francia, Albania e Rusia, prisioneiro dos alemáns despois que Italia asinase o armisticio de Cassibile (8 de setembro de 1943) pasou dous anos nun campo de concentración.

A súa primeira obra, Il sergente nella neve publicouse en 1953 e a partir da súa propia experiencia como sarxento durante a desastrosa retirada do exército italiano de Rusia. Outras obras destacadas son Storia di Tönle (1978) e Ritorno sul Don (1973), a súa produción divídese entre as que se basean nas súas vivencias na guerra e aquelas obras centradas no altiplano véneto como Uomini, boschi e api (1980).