Maria Verónica Reina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Verónica Reina
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1964 Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 2017 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Rosario, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos dos discapacitados , educational psychologist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de

Maria Verónica Reina, nada o 15 de xuño de 1964 e finada o 27 de outubro de 2017, foi unha psicóloga educativa arxentina e activista que fixo campaña internacionalmente na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade. En representación do International Disability and Development Consortium, foi unha das principais contribuíntes nas negociacións da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.[1][2]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nada na Arxentina o 15 de xuño de 1964, Maria Verónica Reina quedou discapacitada nun accidente de tráfico á idade de 17 anos cando cursaba o seu último ano escolar. Porén, despois dun período no hospital, puido completar os seus estudos. Tiña a esperanza de converterse en mestre, pero denegóuselle a entrada ós estudos educativos xa que as persoas discapacitadas non estaban autorizadas a ensinar na Arxentina.[3] Logrou superar estas dificultades optando por estudar psicoloxía educativa, graduándose na Universidade Católica de Santa Fe en Educación Especial para Integración Escolar. Despois obtivo unha mestría en Educación e Ensinanza Aberta e a Distancia da Universidade Nacional de Educación a Distancia de España.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Reina desenvolveu experiencia traballando en varias institucións, incluíndo o Instituto Universitario San Martín en Rosario, Arxentina; a Organización de Persoas Discapacitada Arxentina, Cilsa; Center for International Rehabilitation, Chicago (1997); o Instituto para a Defensa Internacional da Incapacidade; o Instituto para a Cooperación e o Desenvolvemento Internacional; e o Centro de Rehabilitación Internacional.[4][5][6]

Traballou como directora de proxectos internacionais no Instituto Burton Blatt (BBI) da Universidade de Siracusa en Washington D.C. desde 2006. En 2008, co apoio do BBI e do Banco Mundial, foi nomeada como primeira Directora Executiva da Alianza Mundial para a Discapacidade e o Desenvolvemento. A alianza propúxose promover a inclusión das persoas discapacitadas nas políticas e prácticas a través das axencias de desenvolvemento.[5] Participou activamente no Comité Ad hoc das Nacións Unidas para a Convención sobre Discapacidade.[6]

Nas negociacións sobre a Convención da ONU, involucrou a organizacións de persoas con discapacidades de todo o mundo no seu compromiso cos dereitos humanos universais para as persoas con discapacidade nun mundo inclusivo, accesíbel e sustentábel.[2] No seu papel como Coordinadora do International Disability Caucus representou ás persoas con discapacidade durante as negociacións. Ela moderou eficazmente as comunicacións e logrou o consenso entre as partes interesadas con diferentes intereses. Presidiu reunións e conferencias, moderou comunicacións e coordinou a tradución e distribución de documentación en castelán para América latina.[1]

Nos meses previos á súa morte, axudou a promover a eficacia do Grupo de partes interesadas de persoas con discapacidade no marco da International Disability Alliance. Nunha reunión consultiva das Nacións Unidas en Bos Aires, buscou reforzar o papel da comunidade de persoas con discapacidade no desenvolvemento da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.[2]

Maria Verónica Reina faleceu na súa cidade natal, Rosario, o 27 de outubro de 2017. Tiña 54 anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]