Margarida Borràs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargarida Borràs

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor em Wikidata
Mallorca Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1460 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Valencia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Valencia Editar o valor em Wikidata


Margarida Borràs, nada en Mallorca e finada en Valencia o 28 de xullo de 1460, foi unha muller transexual da Valencia do século XV aforcada por mor da súa identidade de xénero. Converteuse nunha icona pola defensa dos dereitos LGBT en Valencia.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Posibelmente foi filla dun importante notario de Mallorca. Debeu frecuentar os círculos da alta sociedade valenciana da época, e logrou certa fama na Valencia máis acomodada. Foi presa, torturada e máis tarde executada na forca da Praza do Mercado de Valencia, como se adoitaba facer na Idade Media cos asasinos, parricidas, uxoricidas e sodomitas, neste caso por identificarse co xénero feminino e comportarse e vestir como tal.[1][2]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Placa homenaxe a Margarida Borràs en Valencia

A mediados da década de 1990, o profesor Vicent Josep Escartí escribiu sobre os feitos arredor da morte de Borràs. Dito artigo alcanzou gran relevancia entre os colectivos LGBT de Valencia, de tal maneira que en 1995 Lambda, Col·lectiu de lesbianes, gais, transsexuals i bisexuals de València instaurou o Premio Margarida Borràs ás persoas e entidades que destacan polo seu labor contra a discriminación por identidade sexual ou de xénero, así como pola defensa dos dereitos do colectivo LGBT. Lambda decidiu homenaxear así á primeira persoa que consta que morreu en Valencia polo odio e a discriminación motivados polo feito de mostrarse tal e como sentía.[1][2]

En xaneiro de 2016 o Consell Municipal de les Dones i per la Igualtat do Concello de Valencia decidiu dedicarlle unha rúa, xunto a outras 36 mulleres que non tiveron a oportunidade de seren conmemoración ao longo da historia.[3] O 17 de maio de 2017 colocouse unha placa de homenaxe na Praza do Mercado, onde foi executada.[4]

Cultura popular[editar | editar a fonte]

  • A obra teatral Margarida, de Rubén Rodríguez Lucas, inspirouse en Margarida Borràs. O autor recibiu o Premio Federico García Lorca da Universidade de Granada ao mellor texto teatral. A obra foi estreada no Festival Russafa Escènica de Valencia.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Villalobos, José Luis (18 de xuño de 2014). "La cruel ejecución de Margarida Borràs, una transexual valenciana en el siglo XV". Cristianos Gays (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 Aimeur, Carlos (28 de maio de 2014). "La cruel ejecución de Margarida Borrás, la hija del notario que nació hombre". Valencia Plaza (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2024. 
  3. "Valencia dará a una calle el nombre de Margarida Borràs, una transexual torturada y ejecutada en el siglo XV". Infolibre (en castelán). 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  4. "Las valencianas ilustres recuperan terreno en el callejero de la ciudad". Levante-EMV (en castelán) (Valencia). 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  5. "Las Libélulas estrena 'Margarida' en la Sala Off de Valencia". Artezblai (en castelán). 11 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  6. Negro, Laura (11 de decembro de 2019). "Rubén Rodríguez lleva el sábado a la sala Borja su obra 'Margarida'". El Norte de Castilla (en castelán) (Valladolid). Consultado o 5 de febreiro de 2024. 

Ver tamén[editar | editar a fonte]