Manuel Martínez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Martínez Pérez
Biografía
NacementoA Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Martínez Pérez, nado na Coruña e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De mozo emigrou a Cuba. Ao retornar converteuse en propagandista societario e participou no devalar do obreirismo coruñés. Foi dirixente da Sociedad de Oficios Varios La Heterogénea e participou na creación da Unión Campesina en setembro de 1907. Personificou a escisión da Unión Campesina en 1908 na Asemblea Agraria de Monforte. Cara 1909 foi presidente do Centro de Estudios Sociales Germinal. Tivo que marchar a Cuba e desde A Habana asinou en 1912 un artigo en solidariedade cos desterrados de Teis.[1] Colaborou na revista Galicia. Retornou a Galicia e en 1920 emigrou novamente a Cuba onde fundou a Asociación Galaica de Instrucción Racionalista 13 de Octubre. Volveu a Coruña a finais dos anos vinte e retomou a actividade agraria creando a Unión Mutualista Campesina. Tamén foi pioneiro do asociacionismo veciñal alentando o colectivo Unión de Barrios en 1936. Colaborou en La Voz de Galicia e La Calle. Finou na Coruña o 11 de novembro de 1936.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Martínez Cazón e foi pai de Manuel, Lola, Carmen e José Martínez Martínez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Redencionismo Gallego", Galicia, 25-7-1912, p. 17-19.
  2. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]