Manuel González Sanchidrián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel González Sanchidrián
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Manuel González Álvarez Editar o valor em Wikidata

Manuel González Sanchidrián, nado en Santiago de Compostela en 1979, é un político galego ligado ao PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arquitecto pola Universidade da Coruña e especializado en urbanismo, ten traballado en estudos de arquitectura na empresa privada en Santiago. Tamén colaborou na publicación “Inventariado da Arquitectura Galega” editada pola Universidade da Coruña. Actualmente é presidente da Asociación Cultural de Iniciativas Xuvenís e Estudantís Albedrío con sede en Pontevedra.

Afiliado a Novas Xeracións dende o 2004, pertence á xunta local de Novas Xeracións de Pontevedra dende o 2005, e no último congreso local foi nomeado coordinador. É Secretario Xeral de Novas Xeracións de Galicia, membro da Xunta Directiva Nacional de Novas Xeracións, membro do Comité Executivo Rexional do PPdeG, membro do Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra, e membro do Comité Rexional de Dereitos e Garantías.