Manuel Barros Montero
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Barros.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 Redondela, España |
Morte | 2007 (86/87 anos) Redondela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Manuel Barros Montero, coñecido como Xabelón, nado en Redondela en 1920 e finado no mesmo concello en agosto de 2007, foi un mariñeiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mariñeiro de Redondela. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión, foi condenado a 6 anos de prisión e multa de 2 millóns de pesetas. Preso na illa de San Simón entre 1937 e 1938. Despois pasou á Prisión Provincial de Valladolid, de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1940.[1] Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas eleccións municipais de 1983.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barros Montero, Manuel (2006). Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Fundación 10 de marzo. ISBN 84-934720-4-2.