Guerra dos agraviados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Malcontents")

A guerra dos agraviados ou dos malcontents foi unha sublevación armada de carácter absolutista radical que se desenvolveu en 1827 en Cataluña, e en menor medida na Comunidade Valenciana, Aragón, País Vasco e Andalucía contra o que consideraban medidas desacertadas do goberno de Fernando VII como o non restablecemento da Inquisición.
Nun primeiro momento, en marzo e abril de 1827, apareceron algunhas partidas en varias zonas de Cataluña, pero resultou un fracaso e acabáronse acollendo en abril dese ano a un indulto real. En xullo apareceron máis partidas e en setembro tiñan baixo o seu control gran parte da Cataluña central e unha parte da setentrional. Tiñan un total de 30.000 homes armados e estableceron a capital en Manresa, onde o 29 de agosto estableceron unha Xunta Superior do Goberno do Principado, que editou El Catalán Realista e que tiña como lema Viva o rei e morra o mal goberno!. O 28 de setembro de 1827 Fernando VII chegou a Tarragona desactivando a revolta, tras o que unha maioría dos xefes da revolta foron axustizados ou marcharon ao exilio en Francia.