Bartolo da Sassoferrato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bartolo da Sassoferrato

Bartolo da Sassoferrato, nado en 1313 e finado en 1357, foi un xurista italiano, un dos máis máis notables glosadores medievais do dereito romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Venatura, preto de Sassoferrato, nas Marcas. Estudou nas universidades de Perugia e Boloña e doutorouse en leis en 1334.
En 1339 comezou a dar clases en Pisa, e en 1343 trasladouse a Perugia, onde tivo como alumno a Baldo de Ubaldis. En 1355 o emperador Carlos IV nomeouno consiliarius, logo de participar nunha embaixada en Pisa para el.

Obra[editar | editar a fonte]

Bartolo escribiu comentarios de case todas as partes do Corpus Iuris Civilis.
De fluminibus seu Tyberiadis é un libro sobre as leis relativas aos ríos.
De Insigniis et Armis, recolle os aspectos legais da heráldica
Ademais desenvolveu moitos conceptos legais novos, que se converteron en parte da lei civil, entre eles o que fai referencia ao conflito entre leis.