Mónica Rodríguez Ordóñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaMónica Rodríguez Ordóñez
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Mónica Rodríguez Ordóñez, nada en Calo (Vimianzo) o 2 de agosto de 1977, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Técnica de administración nunha construtora familiar. Nas eleccións municipais de 2011 foi candidata de Independientes por Vimianzo, formación encabezada polo seu tío e ata entón alcalde socialista Alejandro Rodríguez Lema, sendo elixida concelleira. A derrota da formación ante o BNG supuxo que Rodríguez Lema non recollese a súa acta como concelleiro, polo que asumiu a portavocía do grupo. Nas municipais de 2015 encabezou a lista de Independientes por Vimianzo,[1] volvendo a ser elixida concelleira.

En xullo de 2018 os independentes regresaron ao PSdeG-PSOE, polo que nas municipais de 2019 encabezou a candidatura socialista e foi elixida alcaldesa tras lograla vitoria por maioría simple. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa ó lograr unha ampla maioría absoluta cun 72% dos votos e 10 concelleiros dun total de 13. Nese mandato foi elixida deputada provincial.


Predecesor:
Manuel Antelo Pazos
 
Alcaldesa de Vimianzo
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cerqueiro, Redacción QPC, Ubaldo (2015-05-07). "Eleccións #24M: 6 listas na procura da estabilidade en Vimianzo". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 2016-06-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]