Mágico González
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Jorge Alberto González Barillas | ||
| Nacemento | 13 de marzo de 1958 (55 anos) | ||
| Lugar | San Salvador, O Salvador | ||
| Altura | 1,74 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1975–1976 | ANTEL | ||
| 1976–1977 | Independiente Nacional | ||
| 1977–1982 | FAS | ||
| 1982–1984 | Cádiz | 75 | (30) |
| 1985 | Valladolid | 9 | (2) |
| 1986–1991 | Cádiz | 119 | (28) |
| 1991–1999 | FAS | ||
| 2002 | San Salvador | ||
| Selección nacional | |||
| 1976–1988 | O Salvador | 62 | (26) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 26 de xuño de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Jorge Alberto González Barillas, coñecido no mundo do fútbol como Mágico González, nado o 13 de marzo de 1958 en San Salvador, é un ex futbolista salvadoreño. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección salvadoreña.
Traxectoria [editar]
Profesional que xogou en España e no seu país natal, sendo considerado por moitos como o mellor xogador salvadoreño de todos os tempos. Rematou a súa carreira no Salvador aos 42 anos de idade.