Luis Suárez-Llanos Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Suárez-Llanos Gómez
Biografía
Nacemento15 de maio de 1933 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 2016 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuis Suárez-Llanos Menacho Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 562488

Luis Suárez-Llanos Gómez (Vigo, 15 de maio de 1933- 9 de xullo de 2016), foi un catedrático galego de dereito mercantil e membro da Real Academia Galega de Ciencias.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do presidente da Deputación de Pontevedra e alcalde vigués Luis Suárez-Llanos Menacho, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Despois incorporouse como profesor de Dereito mercantil á facultade de económicas na mesma universidade, onde foi decano entre 1969 e 1971 e de 1974 a 1980.

En 1978 foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega de Ciencias.

Foi presidente do Consello Económico e Social de Galicia entre 1996 e 2004, cando foi relevado por Pablo Egerique.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Añoranzas y desconsuelos: pequeñas historias de vida universitaria , 2010, memorias.
  • Responsabilidad de los administradores de sociedad anónima, 1962
  • Derecho, economía, empresa. Volumen 1, Elementos de teoría geneal del derecho patrimonial, 1988
  • Introducción al derecho mercantil: introducción al derecho de obligaciones, introducción al derecho de la empresa mercantil, 1998

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "RAGC. Académicos". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 02 de marzo de 2016. 
  2. USC, Instituto de Dereito Industrial, Membros do Consello Científico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]