Luis Poza Pastrana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Pontevedra, España |
Morte | 12 de novembro de 1936 (26/27 anos) Pontevedra, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Celestino Poza Cobas |
Irmáns | Celestino Poza Pastrana |
Luis Poza Pastrana, nado en Pontevedra en 1909 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Celestino Poza Cobas. Médico no Gran Hospital Provincial. Socio do Centro Republicano, militou primeiramente no Partido Radical-Socialista, e ingresou posteriormente no Partido Galeguista (o 1 de agosto de 1935). Era membro do Comité de Cooperación Intelectual de Pontevedra (con Luciano del Río, Evaristo Mosquera Martínez, Javier Andrade Cimadevila, Bernardo Salom de la Hoz e Tabucho Pintos Fonseca), e foi un dos que recibiu en Pontevedra, o 19 de novembro de 1932, a Federico García Lorca. Nas eleccións de febreiro de 1936 participou como orador en mitins da Fronte Popular. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936. Foi destituído da súa praza de médico o 18 de agosto de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Luis Poza Pastrana na páxina web Nomes e Voces.